Get Adobe Flash player
Presentación plan integral gandeiro

Presentación plan integral gandeiro

O día 6 de febreiro de 2013, presentouse na Granxa Gayoso-Castro, en Castro Riberas de Lea, o...

Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

A Primeira charla informativa do plan integral gandeiro desenvolveuse na granxa Gayoso-Castro o...

Inauguración I Curso Vacún

Inauguración I Curso Vacún

A Deputación potencia como "alternativa de futuro para o rural" a gandería ecolóxica, que move...

  • Presentación plan integral gandeiro

    Presentación plan integral gandeiro

  • Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

    Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

  • Inauguración I Curso Vacún

    Inauguración I Curso Vacún

O sector gandeiro ten en Galicia, especialmente na provincia lucense, unha enorme importancia tanto a nivel económico como social. Pero a excesiva dependencia de recursos exóxenos, cun prezo cada vez maior, unido á incerteza nos prezos de venda dos produtos convencionais e ao cambio de hábitos de consumo en alimentación e as crecentes esixencias ambientais e de seguridade alimentaria que demandan os consumidores fan que cobre unha enorme importancia a produción e comercialización de produtos de calidade diferenciada.

 

A gandería ecolóxica é unha alternativa realista e viable, con expectativas crecentes que promove a diversidade dos recursos zooxenéticos autóctonos dunha rexión como insumos esenciais para a produción gandeira da zona, podéndose converter nunha actividade económica de especial relevancia naqueles contornos nos que a adaptación ao medio xeofísico resulta imprescindible para o mantemento da rendibilidade e ao mesmo tempo o desenvolvemento sostible de determinadas áreas xeográficas.


O fomento destes recursos xenéticos animais adaptados aos contornos medioambientais naturais garanta a conservación do hábitat, recuperando certos modos de vida tradicional e revalorizando os recursos agrarios, así coma a creación de novos espazos económicos no medio rural, o asentamento da poboación e o incremento das rendas e mellora das condicións de vida dos gandeiros.

 

Ase mesmo, a produción ecolóxica resulta atraente para a xente da urbe xa que se garanta sistemas agrarios tradicionais, sostibles e saudables, con alto valor nutritivo e sen residuos químicos de ningún tipo.


A produción ecolóxica en Galicia está a experimentar un incremento anual dun 20% na facturación dende o ano 2007, comezos da actual crise. A provincia de Lugo aporta case o 50% da facturación de produtos ecolóxicos de Galicia

 

Participa!!!


A partir de febreiro de 2013 tes á túa disposición unha serie de actividades nas que poderás participar e informarte para emprender a viaxe da gandería ecolóxica.

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Genética Rubia S.L. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a geneticarubia@gmail.com

deplugo europ Lugo2