Get Adobe Flash player
Presentación plan integral gandeiro

Presentación plan integral gandeiro

O día 6 de febreiro de 2013, presentouse na Granxa Gayoso-Castro, en Castro Riberas de Lea, o...

Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

A Primeira charla informativa do plan integral gandeiro desenvolveuse na granxa Gayoso-Castro o...

Inauguración I Curso Vacún

Inauguración I Curso Vacún

A Deputación potencia como "alternativa de futuro para o rural" a gandería ecolóxica, que move...

  • Presentación plan integral gandeiro

    Presentación plan integral gandeiro

  • Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

    Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

  • Inauguración I Curso Vacún

    Inauguración I Curso Vacún

A Deputación potencia como "alternativa de futuro para o rural" a gandería ecolóxica, que move hoxe 7 millóns ó ano na provincia

 

 


O Deputado de Cooperación subliñou que, a través do plan Fórmate en Verde, "impulsamos unha actividade na que Lugo xa é punteira", pois concentra o 60% da facturación que xera o leite ecolóxico en Galicia e o 40% da de carne


Álvaro Santos, que inaugurou en Castro un curso de vacún no marco do novo programa de emprego da Deputación, destacou que os produtos biolóxicos con maior demanda son o leite, a carne e os ovos, o que certifica "o potencial de crecemento da gandería ecolóxica"


Os interesados aínda poden inscribirse, pois Fórmate en Verde conta con un mínimo de 900 prazas. Para elo, deben entrar na páxina www.deputacionlugo.org escoller unha actividade, cubrir o formulario correspondente e envialo dende a web

 

 

 

DSC 4188


A Deputación de Lugo potencia a gandería ecolóxica como "alternativa de futuro para o rural lucense" a través do seu plan de emprego Fórmate en Verde, unha iniciativa grazas á que un milleiro de veciños da provincia recibirá gratis formación e asesoramento técnico especializado para crear, diversificar ou reconverter empresas vinculadas á produción biolóxica. Así o asegurou o Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, quen inaugurou este martes, na Granxa Gayoso Castro, un novo curso do Fórmate en Verde, neste caso sobre vacún maior ecolóxico.

 

Leer más: Inauguración I Curso Vacún

A Primeira charla informativa do plan integral gandeiro desenvolveuse na granxa Gayoso-Castro o pasado mércores 13 de febreiro coa participación dos axentes da comarca chairega interesados en participar neste proxecto para crear ou diversificar a súa empresa en torno a este sector e, deste xeito, aproveitar unha oportunidade de futuro

Nesta charla informouse dos obxectivos, fases e actividades do plan. Do mesmo xeito, resolveuse as dúbidas dos asistentes.

 

charla castro 13-2-2013

O día 6 de febreiro de 2013, presentouse na Granxa Gayoso-Castro, en Castro Riberas de Lea, o Plan Integral de Gandería Ecolóxica, a cargo do presidente da Deputación de Lugo, D. José Ramón Gomez Besteiro.

Máis de medio centenar de representantes do sector gandeiro coñeceron o plan "Fórmate en Verde", que ofrece formación gratuíta para crear empresas ecolóxicas na provincia de Lugo.

Gómez Besteiro destacou que o sector da produción ecolóxica "xa é punteiro en Lugo". A provincia está actualmente a cabeceira en volume de facturación en Galicia -con 9 millóns de euros anuais dos 21,89 facturados na comunidade- e ocupa o segundo lugar en canto a superficie dedicada á produción ecolóxica.

 

 

foto presentacion 6-2-20131

 

 

Noticia El Progreso 7 febrero 2013

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Genética Rubia S.L. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a geneticarubia@gmail.com

deplugo europ Lugo2