Get Adobe Flash player
Presentación plan integral gandeiro

Presentación plan integral gandeiro

O día 6 de febreiro de 2013, presentouse na Granxa Gayoso-Castro, en Castro Riberas de Lea, o...

Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

A Primeira charla informativa do plan integral gandeiro desenvolveuse na granxa Gayoso-Castro o...

Inauguración I Curso Vacún

Inauguración I Curso Vacún

A Deputación potencia como "alternativa de futuro para o rural" a gandería ecolóxica, que move...

  • Presentación plan integral gandeiro

    Presentación plan integral gandeiro

  • Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

    Primeira charla informativa Plan integral Gandeiro

  • Inauguración I Curso Vacún

    Inauguración I Curso Vacún

¿En qué consistirán os servizos de asesoramento e acompañamento na saída ó mercado dos participantes no proxecto de potenciación da gandería ecolóxica?

 

Dentro das tarefas que englobará a fase de "saída ó mercado da gandería ecolóxica", a empresa encargada desta fase do proxecto (Ingeniería Arza S.L) entrará en contacto cos distintos emprendedores interesados, tanto na fase na captación, como máis específicamente na fase de formación, a fin de coñecer os perfiles de ditos emprendedores.

 

292908 3687246869225 120186876 n

 

Tomando como base as distintas análises do mercado "tipo" de produtos de gandería ecolóxica xa dispoñibles, así como a ampla experiencia das entidades que participan no proxecto, ofreceránse certas recomendacións iniciais e de índole xeral ós gandeiros (por exemplo, sobre a necesidade de contar con financiación inicial, alternativas xurídicas para asociarse, o posible acceso a subvencións en función do perfil do solicitante...). Adicionalmente, poderase ir recollendo información das persoas máis interesadas a fin de comezar coa preparación dun plan económico-financeiro específico dos emprendedores, que sen dúbida precisarán para plantexar ás entidades financeiras o seu proxecto de recurrir á financiación allea.

 

Continuarase aconsellando ós emprendedores á finalización de cada un dos cursos que se impartirá na fase de formación, elaborando, asemade, o seu plan de negocio a través dunha detallada análise ou caracterización do perfil da iniciativa que se desexa pór en marcha, obtendo unha primeira visión da forma xurídica que parece máis axeitada para o desenrolo de cada actividade, e da cifra global das inversións á acometer.

 

Chegados a este punto, con todos aqueles que decidan continuar no proceso emprendedor, plantexarase un cronograma de traballo, completando o seu plan de negocio paralelamente, e avanzando na cumplimentación dos trámites precisos para o comezo efectivo da súa actividade se todo resulta factible.

 

246509 4146015978166 626531078 n

 

Unha vez que se describa perfectamente a empresa e o negocio que pretende desenrolar, será preciso desenrolar unha análise exhaustiva do mercado concreto no que o emprendedor quere operar, e que fundamentalmente responda ás seguintes preguntas:

 

  • ¿Cal é o perfil do cliente?
  • ¿Cal pode ser o tamaño do meu mercado e a porcentaxe de mercado que espero poder capturar?
  • ¿Cal é o potencial do meu mercado de crecemento?


Resulta moi relevante coñecer tamén cómo os produtos e servizos que a empresa ofrecerá poden encaixar no ambiente competitivo do mercado, polo que se analizará quén pode ser competidor directo ou indirecto así como en qué se pode diferenciar o novo negocio da súa competencia.

 

216846 3658271694686 1646824494 n1

 

Os emprendedores deben cuestionarse permanentemente a súa idea de negocio, xa que pode ser preciso ir facendo modificacións que permitan conseguir un produto máis innovador, ou de maior atractivo no mercado por algún motivo. Pode ocorrer tamén que o emprendedor teña unhas expectativas equivocadas sobre o seu mercado; detectada esa situación recomendarase ós emprendedores que paralicen os trámites antes de asumir custes que finalmente non terán os resultados multiplicadores que se están agardando.

 

Unha vez definido o negocio que se levará a cabo, será preciso determinar a estrutura organizativa da nova entidade que se cree, así como coñecer as tarefas para as cales pode resultar necesaria a contratación de persoal alleo á entidade.

 

Finalmente, a elaboración dun completo plan económico-financeiro permitirá unha análise detallada que reflicta uns estados de contas previsionales. Esta análise terá como obxectivo coñecer a inversión necesaria para o negocio, determinar os ingresos esperados ou o número de unidade que se espera vender a fin de cubrir os custes do negocio, determinar os custes fixos e variables nos que se incurrirá en función do volume de vendas, así como o prezo ó que se espera vender o produto.

 

Coa información que antecede, e como finalidade última, o que se pretende é determinar se o negocio ten unha rendabilidade económica (esencialmente será un dato que se obtén por diferenzas entre o valor das compras e das vendas) e se resulta factible financeiramente (en función do período de recuperación da inversión, a VAN, a TIN ou o valor residual da empresa). Só nos casos en que se determine que un negocio é rentable, se recomendará a tódolos seus interesados continuar co proceso de montaxe da súa empresa e o inicio dos trámites necesarios para comezar coa saída ó mercado da súa produción ecolóxica.



PLANIFICACIÓN TEMPORAL DA POSTA EN MARCHA:

 

esquema

 

Enquisa gandería ecolóxica.pdf

 

 

 

En cumplimiento da LeI Orgánica de Proteción de Datos de Carácter Persoal (LOPD), recordámoslle que os seus datos persoais serán incluidos nunha base de datos de Genética Rubia S.L. e serán protexidos pola mencionada Lei. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición dirixíndose a geneticarubia@gmail.com

deplugo europ Lugo2